O Gravador de Voz Sinxelo Pro

35.200 recensións
Clasificación de contido
USK: todas as idades
500.000+
Descargas
0 € cunha subscrición a Play Pass Máis información
Clasificación de contido
USK: todas as idades
Os usuarios interactúan
Máis información
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla

Acerca desta aplicación

O Gravador de Voz Sinxelo Pro é o teu compañeiro diario para gravar momentos importantes. Grava reunións, notas persoais, aulas, cancións, e moito máis, sen límites de tempo nin anuncios!

Para estudantes

Grava aulas e conferencias con calidade clara, mesmo cando o profesorado non está xusto diante de ti. Escoita as gravacións tantas veces como queiras para axudarche a estudar para o teu próximo exame. Acelera ou ralentiza a reprodución, e salta as partes en silencio, para escoitar a un ritmo cómodo.

Sen límites de tempo e coa opción de escoller un formato comprimido, é doado gravar as aulas e conferencias máis longas.

Para negocios

Grava entrevistas e reunións desde o teu teléfono, tableta ou reloxo intelixente, e compárteas cos teus compañeiros e compañeiras a través do correo electrónico ou do teu aplicativo favorito de mensaxería. Aproveita os potentes trebellos e atallos para iniciar unha nova gravación xusto desde a pantalla principal.

Podes mesmo activar a subida á nube para gravar notas de voz de camiño ao traballo e recibilas automaticamente no teu portátil.

Para músicos/as e para todas as persoas

Con moitas opcións para afinar a gravación, o aplicativo é xenial para ensaios e para captar as melodías que che veñen á cabeza. Proba novas ideas rapidamente, escoita os resultados e fai axustes nunha nova toma.

Cambia rapidamente entre notas de voz, reunións e conferencias, ou música e son en bruto, con configuracións e axustes preestablecidos, fáciles de usar.

Funcións exclusivas do Pro (dispoñibles en dispositivos compatibles):

- Sube automaticamente novas gravacións ao teu Google Drive ou Dropbox.
- Grava en MP3, FLAC e AAC, ademais de todos os formatos dispoñibles na versión de balde.
- Transcribe gravacións sen límites de tempo.
- Grava usando un micrófono Bluetooth.
- Recorta as gravacións e elimina as partes non desexadas co modo de edición.
- Xestiona e organiza as túas gravacións con cartafoles.
- Inicia unha gravación desde calquera lugar usando a barra de notificacións.
- Funcións adicionais: sen anuncios, gravar en estéreo, importar e converter ficheiros, omitir silencios ao gravar, aumentar o volume, taxas de bits personalizadas, temas adicionais, facer vídeos e máis.

E ademais, todas as funcións da versión de balde:

- Grava en PCM e MP4 de alta calidade, ou usa AMR para aforrar espazo.
- Transcribe gravacións a texto de xeito privado no teu dispositivo (beta). Funciona en inglés, español e portugués.
- Inicia rapidamente unha nova gravación con trebellos e atallos, e grava en segundo plano.
- Comparte gravacións facilmente a través do correo electrónico ou do teu aplicativo favorito, ou usa unha delas como ton de chamada.
- Busca e ordena as túas gravacións.
- Compatibilidade con Wear OS: grava desde o teu reloxo intelixente. Inicia rapidamente unha nova gravación co mosaico de reloxo incluído.
- Temas claros e escuros, compatibilidade con TalkBack, e moitas outras funcións interesantes.

O Gravador de Voz Sinxelo é exactamente o que o seu nome indica: un gravador de audio e de son doado de usar. Fiable, rápido e flexible, adáptase ás túas necesidades.

Necesitas axuda?

Ten en conta que o Gravador de Voz Sinxelo non é unha gravadora de chamadas e non pode gravar chamadas telefónicas na maior parte dos teléfonos. Polo de agora, a transcrición non é compatible con dispositivos de 32 bits. Se tes algún problema, contáctanos en support@digipom.com. Estamos sempre encantados de axudarche.

Termos de Uso

Termos de Uso: https://www.digipom.com/end-user-license-agreement-for-applications/
Política de privacidade: https://www.digipom.com/privacy-policy-for-applications/
Grava reunións, aulas, notas de voz e música, sen límites de tempo.
Última actualización
23 de out. de 2026

Seguranza dos datos

A seguranza pasa por entender como recompilan e comparten os teus datos os programadores. As prácticas relacionadas coa seguranza e a privacidade dos datos utilizadas poden variar en función do uso, a rexión e a idade. O programador facilitou esta información e pode modificala co paso do tempo.
  • Non se comparten datos con terceiros
    Máis información sobre como fan os programadores declaracións acerca dos datos que comparten
  • Non se recompila ningún dato
    Máis información sobre como fan os programadores declaracións acerca da recompilación de datos

Valoracións e recensións

33.400 recensións

Novidades

- Transcrición no dispositivo! Converte gravacións en texto de xeito privado no teu dispositivo e despois búscao, edítao e expórtao. Actualmente en versión beta en dispositivos compatibles, para inglés, portugués e español.
- Nova opción de tema «Cores do sistema» en Android 12 e versións posteriores.
- Correccións de erros e melloras.

Grazas polo teu apoio constante! Se che gusta o Gravador de Voz Sinxelo, dedica un intre a deixarnos un bo comentario; isto axúdanos moito!